Skip to Content

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DA ESO

Publicada a orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e os procedementos de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria (ESO) en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.  ORDE

 

Segundo dita orde:

a) NON ten que presentar a solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda de material escolar neste curso 2020/2021 ao considerarse admitido de forma directa.

 

b) Ten que presentar a solicitude aquel alumnado que NON recibise a axuda por material escolar e cumpra algunha das seguintes condicións:

a) Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 €

b)  Alumnado matriculado en educación especial

c) Alumnado suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia

b) Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

 

Presentación das solicitudes: De forma presencial no centro educativo entregando o modelo de solicitude que se adxunta (así como a documentación complementaria necesaria).

MODELO DE SOLICITUDE

 

Prazo de presentación: Entre os días 16 e 27 de novembro de 2020 (ambos inclusive)

 

NOTA: O reparto de máscaras farase directamente desde o centro educativo.

 

AdxuntoTamaño
ANEXO I E II_ED330E_G_Alternativa.pdf136.44 KB


story | by Dr. Radut