Skip to Content

ENTREGA DOS BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS

O vindeiro xoves 25 de xuño farase entrega dos boletíns de cualificacións ao alumnado segundo o calendario indicado na seguinte táboa:

 

Co fin de manter o protocolo de medidas de seguridade sanitarias prégase seguir as seguintes instrucións:

  • Agardar fóra das instalacións polas indicacións dun membro do equipo directivo.
  • É obrigatorio entrar no recinto con máscara de protección e usar o xel hidroalcólico que atoparán na entrada do centro.
  • Só poderá recoller o boletín de cualificacións unha persoa por alumno/a.
  • En caso de non poder acudir na hora marcada, os boletíns gardaranse esa mañá na secretaría do Centro.

Indicar ademais que:

  • o período de reclamacións ás cualificacións será do 25 ao 29 de xuño.
  • o alumnado que promocione ou titule en xuño poderá recoller o sobre da matrícula en conserxería.
  • o período de matrícula será do 01 ao 10 de xullo e establecerase un calendario para realizala.

 



story | by Dr. Radut