Skip to Content

Reapertura do proceso de admisión. Protocolo de apertura do centro.

 

Segundo a Resolución do 5 de maio de 2020da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se informa de diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio de Galicia, e dentro do ámbito educativo, indícase que:

1   Restablecemento do período de admisión de alumnado

 

Desde o luns 11 de maio ata o 18 de maio reábrese o período de admisión do alumnado. Toda a  información sobre este proceso pode consultarse nesta ligazón e na actualización publicada na web da Consellería onte 7 de maio. (aquí).

 

Nota: Lembrar que todo o alumnado dos centros adscritos que solicitou praza para 1º ESO xa está admitido. Ademais, citar que, segundo a resolución indicada ao principio, o prazo ordinario de matrícula para ESO e Bacharelato establécese do 1 ao 10 de xullo.

Así mesmo, o alumnado de 2ºESO, 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato ten a praza reservada de forma automática para o vindeiro curso. 

 

2   Apertura dos Centros educativos

 

O centro permanecerá aberto a partir do luns 11 de maio en horario de 9:00 a 14:00. Para a realización dos trámites administrativos aconséllase preferentemente usar a vía telemática pero, en caso de ser necesario acudir ao centro, o protocolo a seguir será o seguinte:

 

  • Deberase concertar cita previa chamando, en horario de mañá, ao número 886151228.
  • Só poderá acceder ao recinto unha persoa por trámite.
  • Na zona de entrada poñerase a disposición dos usuarios un dispensador de xel hidroalcohólico.
  • Prégase que as persoas que acceden ao recinto o fagan con máscara de protección.

 

Todas as consultas serán atendidas no teléfono do centro (886151228) en horario de mañá ou a través do correo electrónico  ies.chano.pineiro@edu.xunta.es

 

GRAZAS E MOITO ÁNIMO PARA TOD@S!

 



story | by Dr. Radut