Skip to Content

Información sobre o desenvolvemento do 3º trimestre do curso

Tras recibir o pasado 27 de abril as instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre  (ver aquí), informamos que:

 

1) Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de repaso, reforzo, recuperación e, no seu caso, de ampliación das aprendizaxes anteriores.

2)  Os Departamentos Didácticos adaptarán a programación didáctica ás circunstancias deste terceiro trimestre incluíndo nelas os estándares de aprendizaxe imprescindibles, os criterios de avaliación e de cualificación, os instrumentos e procedementos de avaliación, a metodoloxía,...

3) Ditas programacións estarán a disposición da Comunidade Educativa do IES Chano Piñeiro nesta páxina web a partir do 13 de maio.

4) As actividades de reforzo, repaso e de ampliación serviranlle ao alumnado que teña os dous trimestres aprobados dunha determinada materia a mellorar a cualificación en dita materia.

5) Ao alumnado con algún trimestre con avaliación negativa nunha materia propoñeránselle tarefas para axudarlle a superar dita materia tendo en conta sempre a adaptación á situación de emerxencia sanitaria na que estamos.

6) Estas consideracións teranse en conta tamén para o alumnado de 2º de bacharelato cuxa avaliación ordinaria que quedou fixada para o luns 8 de xuño.

Para calquera dúbida ou aclaración pódense poñer en contacto con nós a través do correo electrónico do centro ies.chano.pineiro@edu.xunta.es ou chamando ao número 886151228 en horario de mañá.

 

Saúdos e moito ánimo para tod@s!

 



story | by Dr. Radut