COMUNICACIÓN CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO IES CHANO PIÑEIRO:
Toda aquelas familias ou alumnado poderán manter a comunicación continuada para calquera tipo de consulta co Departamento de Orientación a través do seguinte mail:
adrianarodriguez@edu.xunta.es
En asunto debedes poñer o nome e o curso do alumno/a. Intentarei responder o máis axiña que me sexa posible.
Lembrar ao aulumnado que no Blogue do Departamento de Orientación, que se accede dende esta páxina, está a disposición o "orientaline" que pode ser de axuda para autoorientarse.
O OrientaLine é unha ferramenta de utilidade para informar de xeito moi ilustrativo sobre que estudar e onde ademais de ofrecer cuestionarios para axudar na toma de decisións. Tamén podes acceder pinchando aqui.