Skip to Content

ADMISIÓN ESO/BACHARELATO CURSO 2020/2021


Para o vindeiro curso 2020/2021 o IES Chano Piñeiro de Forcarei oferta a seguinte relación de vacantes na ESO e Bacharelato:

  • 1º ESO: 14 prazas (obtivo praza todo o alumnado dos centros adscritos que a solicitou)

  • 2º ESO: 12 prazas

  • 3º ESO: 8 prazas

  • 4º ESO: 5 prazas

  • 1º BACHARELATO: 2 prazas

  • 2º BACHARELATO: 19 prazas 

 O alumnado  doutros centros que queira cursar estudos no noso instituto para o vindeiro curso 2020-2021 (agás os que veñen dos centros adscritos que xa teñen a praza reservada) terán que facer a solicitude de admisión.

 Dito proceso de admisión tramitarase a través da aplicación admisionalumnado que xerará un documento pdf que, ou ben se poderá entregar de forma presencial no centro no que se solicita a admisión, ou ben se poderá presentar na Sede Electrónica da Xunta. (formulario normalizado ED550B).

 O prazo oficial para a presentación de solicitudes de admisión esténdese do 1 ao 20 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos. Dado que o 20 de marzo é día non lectivo no noso centro, prorrógase a entrega de solicitudes ata as 13:00 horas do luns 23 de marzo.  Aínda así, cómpre ter en conta que a partir do día 20 de marzo a Sede Electrónica non admitirá a presentación de solicitudes para este procedemento.

Máis información no portal web da Consellería.  

IMPORTANTE

A)  O alumnado que estea matriculado no IES Chano Piñeiro neste curso ten garantida a súa permanencia no centro para cursar ensinanzas de ESO ou bacharelato no curso 2020/2021.

B)  Cada alumna/o só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.

C) O alumnado que ten garantida a permanencia no centro, se presentase solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

D) O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presentase solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 



story | by Dr. Radut