O Ministerio de Educación e Formación Profesional publicou o pasado 31 de xullo a convocatoria para a solicitude de bolsas de estudos de carácter xeral para o curso 2019/2020 correspondentes aos estudos postobrigatorios (Bacharelato e Universidade).
Os prazos para a presentación das solicitudes son os seguintes:
- ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS: do 1 de agosto ao 1 de outubro de 2019
- ESTUDOS UNIVERSITARIOS: do 1 de agosto ao 15 de outubro de 2019.
Tedes toda a información na seguinte ligazón
Ademais, informar que tamén está aberto o prazo para solicitar as axudas para os alumnos con necesidade específica de apoio educativo e o prazo de solicitude vai do 28 de xullo ao 26 de setembro de 2019 (ámbolos dous inclusive). Toda a información referida a estas axudas tédela na seguinte ligazón.