O martes 6 de Novembro, co gallo da celebración do Día da ciencia e da Tecnoloxía en galego, leváronse a cabo cinco obradoiros dirixidos por varios alumnos e alumnas que se prestaron voluntari@s para facer de monitores e que nos achegararon diferentes curiosidades relacionados co mundo da ciencia. Os obradoiros, organizados polos Departamentos de Física, Bioloxía, tecnoloxía, música e Matemáticas, acompañáronse dunha exposición da historia da Calculadora na que puidemos ver, in situ, a evolución destas máquinas con aparellos que databan de finais do século XIX ata as calculadoras actuais.