Skip to Content

Xefatura de Estudos

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DO FONDO SOLIDARIO E EXISTENCIA DE LIBROS.

Nos arquivos adxuntos podedes consultar a lista provisional de admitidos e excluídos do fondo solidario para o alumnado de 2º e 4º da ESO.

Tamén podedes consultar a lista coa existencia de libros.

 

O prazo de reclamación son os días 8 e 9 de xullo.

 

A lista definitiva publicarase o 15 de setembro.

RELACIÓN LIBROS TEXTOS 2015-2016

No arquivo adxunto pódese consultar a relación dos libros de texto para o curso 2015-2016.

Fin do curso 2014-2015

O próximo venres  19 de xuño rematan as clases do presente curso. Non haberá servizo de comedor escolar.

Os boletíns entregaranse o día 24 de xuño dende as 10:00 horas ata as 13:00 horas. Lembrámoslle que as nais/pais do alumnado da ESO deberán recollelas no Centro.

A matrícula da convocatoria de xuño será dende o 25 de xuño ata o 8 de xullo.

 

Os exames de setembro serán os días 1 e 2.

 

O curso 2015/2016 comezará o 15 de setembro.

Comedor Escolar

Os usuarios do comedor escolar deberán presentar a autodeclaración correspondente á declaración da renta do exercício 2015 no IES xunto coa matrícula.

Os usuarios que non estean ao corrente das súas obrigas de pagamento non poderán ser admitidos no Comedor Escolar.

Fondo Solidario e Axuda de libros de texto

O Fondo Solidario de libros de texto destinados ao alumnado matriculado en 2º e 4º da ESO están regulados na Orde do 21 de maio (DOG 1 de xuño de 2015)

 

O prazo de solicitudes remata o 30 de xuño. O centro asignará os libros por orde inversa á renta per cápita da unidade familiar correspondente ao ano 2013.

 

A axuda para adquisición dos libros de texto están destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 3º da ESO  entregarase no centro dende o 25 de xuño ata o 27 de xullo e no prazo extraordinario dende o 2 de setembro ata o 2 outubro. Para cubrir as solicitudes deberase ter en conta a renta do ano 2013.

 

É obriga dos beneficiarios e condición para obter as axudas e participar no fondo solidario conservar en bo estado os libros de texto adquiridos con cargo aos vales, asi como incorporarlos, ao rematar o curso.

 

 

Máis información no IES.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut