Skip to Content

ESCAPE ROOM... na Biblioteca

Co gallo do Samaín, os mozos e mozas do Club de Lectura convertiron a Biblioteca nunha Escape Room da que tiña que intentar saír o máis rápido posible o alumnado de 1º ESO. Conseguiríano? 

 

Reunión Pais/Nais

 

 

O MARTES 22 DE OUTUBRO ÁS 17:15 TEREMOS A XORNADA DE ACOLLIDA PARA TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO DA ESO PARA QUE TEÑAN UNHA PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO TANTO CO NOVO EQUIPO DIRECTIVO COMA COS/COAS TITORES/AS.

 

AGARDÁMOSVOS! 

ORIENTA 19/20

 

 PINCHA EN: BLOGUE DO  DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Aqui podedes atopar información académica profesional sobre itinerarios ESO, Bacharelato, FP, becas, cuestionarios aptitudes profesionais...

 

                                                                                                               

PINCHA EN : ORIENTALINE ( tamén podedes atopar o enlace dentro do blogue) - MOI FÁCIL DE USAR, Anímate!! 

  Resultado de imagen de orientación profesional Para máis información consultar coa orientadora.

Mil millóns de ollos para mil millóns de estrelas

Dentro dos actos de conmemoración do 10º aniversario do Observatorio Astronómico de Forcarei, os corredores do noso centro acollen estes días a exposición divulgativa itinerante sobre o satélite GAIA da Axencia Espacial Europea titulada Mil millóns de estrelas para mil millóns de ollos. Nela móstrase, a través de diferentes paneis, as propostas de distintos científicos europeos para medir as posicións, as distancias e movementos de mil millóns de estrelas.


Esta exposición, complementa a outra que se pode visitar ata o 11 de outubro no Concello de Forcarei que leva por nome 400 lúas emocionadas do catedrático de Escultura da Facultade de Belas Artes da Coruña Juan Fernando de la Iglesia.

7 CONSTELACIÓNS QUE XA NON SON INVISIBLES

O vindeiro luns 30 de setembro, a partir das 12:35 horas, o alumnado de 4º ESO e bacharelato asistirán no salón de actos do centro, ao espectáculo "7 constelacións que xa non son invisibles" protagonizado pola artista Estíbaliz Espinosa.

Esta actividade enmárcase dentro do proxecto #VIOLENCIA CERO da Deputación de Pontevedra e conta coa colaboración do Concello de Forcarei.

Distribuir contido


by Dr. Radut