Skip to Content

VACACIÓNS DE NADAL

Segundo o establecido na Orde do 20 de Xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/2020 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, as vacacións de Nadal abranguen desde o 21 de decembro de 2019 ata o 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusive.

As clases reiniciaranse o vindeiro mércores 8 de XANEIRO de 2020.

"Elisa e Marcela" no Chano Piñeiro

A compañía A Panadaría representou este serán para o alumnado de 3º, 4º ESO e Bacharelato a obra Elisa e Marcela que narra a historia de amor entre dúas mulleres que casaron pola igrexa a comezos do século XX  (iso si, tras a transformación previa de Elisa en Mario) co fin de validar o seu amor ante unha sociedade que lles negaba case todo.

        

 

Esta representación estivo incluída dentro das actividades desenvolvidas co gallo da celebración do Día dos Dereitos Humanos que neste curso dedicamos aos dereitos do colectivo LGTBI.  Máis información

            

CAMBIOS IMPORTANTES DA ABAU 2020

No seguinte enlace podedes consultar novedades da ABAU 2020.                                                                                  

Resultado de imagen de logotipo ciug

Na nova web da Ciug podedes consultar información das ABAU e procedemento de acceso á universidade 2020, notas de corte e táboa de ponderacións.

Visita á exposición "Galicia, un relato no mundo"

O alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato achegouse á Cidade da Cultura de Santiago de Compostela para facer unha visita guiadá á exposición Galicia, un relato no mundo. na que puideron descubrir de primeira man parte da nosa historia de do noso patrimonio cultural. Esta actividade complementouse con outra visita guiada á Colexiata do Sar.

        

 

25 Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Un ano máis conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cunha serie de actividades enfocadas a denunciar esta lacra social e, ao mesmo tempo, promover a igualdade entre homes e mulleres.

 

No acto central desenvolvido o 25N, o grupo de alumnxs da materia de Obradoiro de Teatro representaron unha pequena peza na que reflectiron algúns dos micromachismos que os mozos e mozas adoitan a vivir diariamente. A continuación, léronse unha serie de fragmentos de textos clásicos sobre a mesma temática.

  

 

Por outra banda, o alumnado de 4º ESO A participou na actividade con este vídeo no que recitaron unha escolma de haikus extraídos do Libro do Mal Amor, marabilloso traballo realizado polo alumnado e profesorado do IES Laxeiro de Lalín no ano 2015 no que participaron distintos autores e autoras galegas.

Distribuir contido


by Dr. Radut