Skip to Content

ENTROIDO 2020

Un ano máis o Chano Piñeiro vestiu as súas mellores galas festeiras para celebrar o Entroido por todo o alto. Se xa durante os días previos a entrada ao centro estaba adornada polas máscaras elaboradas polo alumnado de 1º e 2º ESO este venres 21 o noso patio tinguiuse de cor, música, baile e certas doses de brillantina.

                    

                         

Os nosos parabéns para todo o alumnado parcticipante e, especialmente, para os grupos "Castrexos" de 3º ESO A e "Grease" de 4º ESO A que resultaron gañadores do concurso de disfraces e que poderán disfrutar como premio dun día de cine!

                   

  

 

 

 

Calendario de probas de acceso a ciclos medios e superiores de Formación Profesional Convocatoria 2020

 

Aprazamento da celebración da proba. Convocatoria 2020

 NOVO CALENDARIO (24/05/2020)

 

Podedes consultar o calendario das probas de acceso a ciclos de grao medio e superior no seguinte enlace: calendario.

Lembra: Para poder concorrer á proba de acceso a grao medio  é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba e as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que teñan polo menos dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

Máis información no departamento de orientación ou en http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual.

 

 

Golpes

Dentro do conxunto de actividades do Plan Proxecta  "Por 365 días en igualdade" impulsado desde o centro neste curso, o xoves 23 de xaneiro o noso alumnado asistiu á representación de Golpes, monólogo teatral sobre a violencia machista baseado en feitos reais e interpretado pola actriz e pedagoga Estíbaliz Veiga.  

    

 

 

Cross Escolar

Dentro do programa XOGADE (xogos galegos deportivos enidade escolar) o noso alumnado de 1º, 2º e 3º ESO participou o pasado martes 21 de xaneiro no Cross Escolar. Unha boa maneira de escorrentar o frío... 

    

  

 

Calendario 2020: As beiras do Lérez

Un ano máis quixemos agasallar a toda a comunidade educativa do IES Chano Piñeiro cun calendario. Nesta ocasión o protagonista é o río Lérez, desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. Agardamos que vos gustase!

Preme na imaxe para acceder a el.

Distribuir contido


by Dr. Radut