Skip to Content

Instrucións para alumnos que se presentan á ABAU 2020.

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Orde do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
     
  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina webhttp://www.edu.xunta.es/axudasle.

Día de Rosalía 2020

Nasín cando as plantas nasen

no mes das flores nasín.

O día 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, coincidindo coa data do aniversario do seu nacemento. Nesta ocasión, tomando como referencia para homenaxear a autora un dos elementos que Rosalía puxo en valor na súa obra: a nosa natureza e a nosa paisaxe. Sentíase ofendida porque os de fóra se atrevesen a dicir que Galiza é un país feo e rudo e por iso na súa obra van aparecer árbores, plantas, herbiñas, flores, froitos..., que actúan como símbolos de identificación co país. Diso vai a exposición que adorna o corredor principal do noso centro estes días e foi o fío condutor do acto central que tivo lugar o venres 28 de febreiro.

IMAXES E INFORMACIÓN

VÍDEOPOEMA ALUMNADO 1º ESO

 

ADMISIÓN ESO/BACHARELATO CURSO 2020/2021


Para o vindeiro curso 2020/2021 o IES Chano Piñeiro de Forcarei oferta a seguinte relación de vacantes na ESO e Bacharelato:

  • 1º ESO: 14 prazas (obtivo praza todo o alumnado dos centros adscritos que a solicitou)

  • 2º ESO: 12 prazas

  • 3º ESO: 8 prazas

  • 4º ESO: 5 prazas

  • 1º BACHARELATO: 2 prazas

  • 2º BACHARELATO: 19 prazas 

 O alumnado  doutros centros que queira cursar estudos no noso instituto para o vindeiro curso 2020-2021 (agás os que veñen dos centros adscritos que xa teñen a praza reservada) terán que facer a solicitude de admisión.

 Dito proceso de admisión tramitarase a través da aplicación admisionalumnado que xerará un documento pdf que, ou ben se poderá entregar de forma presencial no centro no que se solicita a admisión, ou ben se poderá presentar na Sede Electrónica da Xunta. (formulario normalizado ED550B).

 O prazo oficial para a presentación de solicitudes de admisión esténdese do 1 ao 20 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos. Dado que o 20 de marzo é día non lectivo no noso centro, prorrógase a entrega de solicitudes ata as 13:00 horas do luns 23 de marzo.  Aínda así, cómpre ter en conta que a partir do día 20 de marzo a Sede Electrónica non admitirá a presentación de solicitudes para este procedemento.

Máis información no portal web da Consellería.  

IMPORTANTE

A)  O alumnado que estea matriculado no IES Chano Piñeiro neste curso ten garantida a súa permanencia no centro para cursar ensinanzas de ESO ou bacharelato no curso 2020/2021.

B)  Cada alumna/o só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.

C) O alumnado que ten garantida a permanencia no centro, se presentase solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

D) O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presentase solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

ENTROIDO 2020

Un ano máis o Chano Piñeiro vestiu as súas mellores galas festeiras para celebrar o Entroido por todo o alto. Se xa durante os días previos a entrada ao centro estaba adornada polas máscaras elaboradas polo alumnado de 1º e 2º ESO este venres 21 o noso patio tinguiuse de cor, música, baile e certas doses de brillantina.

                    

                         

Os nosos parabéns para todo o alumnado parcticipante e, especialmente, para os grupos "Castrexos" de 3º ESO A e "Grease" de 4º ESO A que resultaron gañadores do concurso de disfraces e que poderán disfrutar como premio dun día de cine!

                   

  

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut