Skip to Content

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

Co fin de adaptar o modelo das titorías á situación que estamos a vivir, indicamos na seguinte imaxe os correos corporativos dos distintos titores e titoras do centro por se as familias se queren poñer en contacto con eles para informarse sobre calquera aspecto académico ou doutra índole dos seus fillos e fillas.

Ademais, indicamos tamén o correo electrónico da orientadora do centro por se fose preciso facerlle algunha consulta no referente á orientación académica e profesional do alumnado.

Lembrar tamén que seguimos á vosa disposición no correo electrónico do centro ies.chano.pineiro@edu.xunta.es e no número de teléfono 886 15 12 28.

GRAZAS E MOITO ÁNIMO PARA TOD@S!!

AXUDAS TAREFAS ESCOLARES

Os concellos de Forcarei e Cerdedo-Cotobade ofrecen ao noso alumnado as seguintes iniciativas para axudar á realización das tarefas escolares durante o período de suspensión das clases presenciais.

       

  

COMUNICADOS DA DIRECCIÓN

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS (Actualización 19 de Abril)

 

Estimadas familias:

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou o pasado venres 17 de abril no seu portal web un documento no que indica as Orientacións provisionais para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020.

De todos os xeitos, é importante ter en conta que se especifica claramente que a Consellería está á espera da publicación da normativa estatal para elaborar o documento definitivo.

 

(Información: 28  de marzo)

 Segundo as instrucións do día 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario, sobre a concreción das medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre indicamos que:

1) A efectos de dar continuidade no calendario escolar, o IES Chano Piñeiro procederá a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre antes do venres 3 de abril.

2) Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma.

Neste sentido, comunicamos que os titores e titoras dos distintos grupos poñeranse en contacto coas familias para artellar o método a través do cal lles farán chegar os boletíns de cualificacións antes do citado 3 de abril.

Sen perxuízo do anterior, aconsellamos descargar a aplicación ABALARmóbil para recibir ditas cualificacións no teléfono móbil. Na seguinte ligazón tedes acceso á guía sobre esta aplicación editada pola Xunta de Galicia:  Guía AbalarMóbil

 

 

(Información 22 de marzo)

TODAS AS AULAS VIRTUAIS DAS DISTINTAS MATERIAS E CURSOS ESTÁN ACTIVAS E A PLENO FUNCIONAMENTO. POLO TANTO, O ALUMNADO XA TEN AS TAREFAS ASIGNADAS COS PRAZOS RESPECTIVOS DE ENTREGA E TODO O PROFESORADO ESTÁ Á SÚA DISPOSICIÓN PARA RESOLVER CALQUERA DÚBIDA OU PROBLEMA QUE POIDA XURDIR NO REFERENTE A DITAS TAREFAS.

LEMBRAR QUE A CONEXIÓN A DITAS AULAS VIRTUAIS FAISE A TRAVÉS DO CORREO CORPORATIVO DO CENTRO QUE TEN TODO O ALUMNADO (@ieschp.com)

PARA COMUNICAR CALQUERA INCIDENCIA OU PROBLEMA PARA ACCEDER A ESTAS AULAS PODEN FACELO NO TELÉFONO 886 151 228.

 

 CONSELLOS PSICOLÓXICOS PARA LONGOS PERÍODOS DENTRO DA CASA

 

En cumprimento do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19

INFORMAMOS QUE:

1)  O centro permanecerá pechado á atención directa ao público ata o fin do período de validez do citado decreto. Calquera comunicación farase a través do correo electrónico do centro  ies.chano.pineiro@edu.xunta.gal

2)  A atención telefónica por parte do equipo directivo manterase no teléfono 886 151 228 en horario de 10:00 a 13:00 horas. Fóra dese horario, atenderemos calquera incidencia ou urxencia referida ao desenvolvemento das clases telemáticas

3) Todos os trámites administrativos están suspendidos e adiados, incluído o proceso de admisión de alumnado.

4) O profesorado do IES Chano Piñeiro manterá contacto co seu alumnado mediante o correo corporativo do centro (@ieschp.com) ou outros medios telemáticos (aulas virtuais) co fin de orientalos, tutelalos e facer o seguemento das propostas educativas que se establezan durante este período de suspensión da actividade lectiva presencial. 

5) Calquera incidencia na comunicación co profesorado deberá ser posto en coñecemento da Dirección do centro a través das canles indicadas anteriormente.

6) Por último, e polo ben de tod@s,   #QUEDANACASA

 

 

Manterémol@s informad@s de calquera novidade que se puidera producir a través desta páxina web!

 

INFORMACIÓN SOBRE A ALERTA SANITARIA POR CORONAVIRUS

 

 

AMOSANDO A REALIDADE: VÍDEO DO 8 M

Compartimos con toda a Comunidade Educativa do IES Chano Piñeiro este marabilloso proxecto realizado polo noso alumnado dentro das actividades desenvolvidas polo Día Internacional da Muller.

Os nosos parabéns para todos os alumnos e alumnas que participaron en maior ou menor medida neste proxecto! Orgullos@s de tod@s vós! 

Calendario Xeral ABAU 2020

 

 

 A Consellería de Educación e a CIUG acordan que a convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia será o 7, 8 e 9 de xullo

 

No arquivo que se adxunta podedes consultar toda a información referida á proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) correspondente a este curso 2020.

 

PODES PREMER NA IMAXE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut