Skip to Content

Adaptacións das programacións didácticas

Seguindo as instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/2020 nos centros educativos de Galicia que no seu punto 6.13 indica que as direccións dos centros educativos de Galicia que no seu punto 6.13 indica que as direccións dos centros responsabilizaranse da publicación na páxina web do centro das adaptacións das programacións didácticas para a finalización do curso 201)7020 dos distintos departamentos, informamos que poden acceder a elas na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ieschanopineiro/?q=node/293

 

 

INFORMACIÓN DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Lembramos que toda a información sobre as probas ABAU 2020, sobre a oferta universitaria para o vindeiro curso 2020/2021 e outras informacións de interese na Orientación Académica e Profesional están á vosa disposición no apartado que ten o Departamento de Orientación nesta páxina web.

Accede a el, premendo na imaxe.

 

Reapertura do proceso de admisión. Protocolo de apertura do centro.

 

Segundo a Resolución do 5 de maio de 2020da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se informa de diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio de Galicia, e dentro do ámbito educativo, indícase que:

1   Restablecemento do período de admisión de alumnado

 

Desde o luns 11 de maio ata o 18 de maio reábrese o período de admisión do alumnado. Toda a  información sobre este proceso pode consultarse nesta ligazón e na actualización publicada na web da Consellería onte 7 de maio. (aquí).

 

Nota: Lembrar que todo o alumnado dos centros adscritos que solicitou praza para 1º ESO xa está admitido. Ademais, citar que, segundo a resolución indicada ao principio, o prazo ordinario de matrícula para ESO e Bacharelato establécese do 1 ao 10 de xullo.

Así mesmo, o alumnado de 2ºESO, 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato ten a praza reservada de forma automática para o vindeiro curso. 

 

2   Apertura dos Centros educativos

 

O centro permanecerá aberto a partir do luns 11 de maio en horario de 9:00 a 14:00. Para a realización dos trámites administrativos aconséllase preferentemente usar a vía telemática pero, en caso de ser necesario acudir ao centro, o protocolo a seguir será o seguinte:

 

  • Deberase concertar cita previa chamando, en horario de mañá, ao número 886151228.
  • Só poderá acceder ao recinto unha persoa por trámite.
  • Na zona de entrada poñerase a disposición dos usuarios un dispensador de xel hidroalcohólico.
  • Prégase que as persoas que acceden ao recinto o fagan con máscara de protección.

 

Todas as consultas serán atendidas no teléfono do centro (886151228) en horario de mañá ou a través do correo electrónico  ies.chano.pineiro@edu.xunta.es

 

GRAZAS E MOITO ÁNIMO PARA TOD@S!

 

Información sobre o desenvolvemento do 3º trimestre do curso

Tras recibir o pasado 27 de abril as instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre  (ver aquí), informamos que:

 

1) Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de repaso, reforzo, recuperación e, no seu caso, de ampliación das aprendizaxes anteriores.

2)  Os Departamentos Didácticos adaptarán a programación didáctica ás circunstancias deste terceiro trimestre incluíndo nelas os estándares de aprendizaxe imprescindibles, os criterios de avaliación e de cualificación, os instrumentos e procedementos de avaliación, a metodoloxía,...

3) Ditas programacións estarán a disposición da Comunidade Educativa do IES Chano Piñeiro nesta páxina web a partir do 13 de maio.

4) As actividades de reforzo, repaso e de ampliación serviranlle ao alumnado que teña os dous trimestres aprobados dunha determinada materia a mellorar a cualificación en dita materia.

5) Ao alumnado con algún trimestre con avaliación negativa nunha materia propoñeránselle tarefas para axudarlle a superar dita materia tendo en conta sempre a adaptación á situación de emerxencia sanitaria na que estamos.

6) Estas consideracións teranse en conta tamén para o alumnado de 2º de bacharelato cuxa avaliación ordinaria que quedou fixada para o luns 8 de xuño.

Para calquera dúbida ou aclaración pódense poñer en contacto con nós a través do correo electrónico do centro ies.chano.pineiro@edu.xunta.es ou chamando ao número 886151228 en horario de mañá.

 

Saúdos e moito ánimo para tod@s!

 

Instrucións para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso

Publicadas na web da Consellería de Educación as instrucións da dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/2020.

Accede ao contido premendo aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut