Skip to Content

ENTREGA DOS BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS

O vindeiro xoves 25 de xuño farase entrega dos boletíns de cualificacións ao alumnado segundo o calendario indicado na seguinte táboa:

 

Co fin de manter o protocolo de medidas de seguridade sanitarias prégase seguir as seguintes instrucións:

  • Agardar fóra das instalacións polas indicacións dun membro do equipo directivo.
  • É obrigatorio entrar no recinto con máscara de protección e usar o xel hidroalcólico que atoparán na entrada do centro.
  • Só poderá recoller o boletín de cualificacións unha persoa por alumno/a.
  • En caso de non poder acudir na hora marcada, os boletíns gardaranse esa mañá na secretaría do Centro.

Indicar ademais que:

  • o período de reclamacións ás cualificacións será do 25 ao 29 de xuño.
  • o alumnado que promocione ou titule en xuño poderá recoller o sobre da matrícula en conserxería.
  • o período de matrícula será do 01 ao 10 de xullo e establecerase un calendario para realizala.

 

ENTREGA DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO 19/20

O próximo xoves 18 e o venres 19 procederemos á recollida dos libros do fondo solidario que foron prestados para este curso 2019/2020 segundo o horario marcado na seguinte táboa:

DÍA HORARIO CURSO

XOVES

18

XUÑO

09:30 - 11:00 1º ESO
11:00 - 12:00 2º ESO A
12:00 - 13:00 2º ESO B
 

VENRES

19

XUÑO

 09:30 - 10:30  3º ESO A
 10:30 - 11:30  3º ESO B
 11:30 - 12:30  4º ESO A
 12:30 -  13:30  4º ESO B

Normas

  • Agardar fóra das instalacións polas indicacións dun membro do equipo directivo.
  • É obrigatorio entrar no recinto con máscara de protección e usar o xel hidroalcólico que atoparedes na entrada do centro.

 

Calendario Final de Curso para 2º Bacharelato

No arquivo adxunto podedes consultar a información referida á entrega das cualificacións e os prazos de reclamación ás mesmas tanto co profesorado como cos distintos departamentos didácticos.

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/2021

Publicada no DOG a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o curso 2020/2021. 

Ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

 

Información básica

Prazo de presentación solicitudes: Desde o 20 de maio ata o 19 de xuño.

Presentación das solicitudes:

Opción A) A través da Sede Electrónica da Xunta (Código ED330B)

Opción B) A través da aplicación FONDOLIBROS

Opción C) No propio instituto, imprimindo e cubrindo previamente a solicitude.

 

Dada a situación actual, para poder garantir o cumprimento das medidas sanitarias e de distanciamento social, establécese un protocolo que se indica no DOCUMENTO ADXUNTO ademais doutra información de interese.

Para máis información, poden chamar ao centro en horario de 9:00 a 14:00 horas.

ANEXO I

ANEXO II

 

Adaptacións das programacións didácticas

Seguindo as instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/2020 nos centros educativos de Galicia que no seu punto 6.13 indica que as direccións dos centros educativos de Galicia que no seu punto 6.13 indica que as direccións dos centros responsabilizaranse da publicación na páxina web do centro das adaptacións das programacións didácticas para a finalización do curso 201)7020 dos distintos departamentos, informamos que poden acceder a elas na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ieschanopineiro/?q=node/293

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut