Skip to Content

Videoconferencia para familias: Educación a distancia

O Centro de Formación e Recursos de Pontevedra en colaboración co centro educativo e co obxectivo de mellorar o acompañento no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado, ofrécelles a posibilidade ás familias de participar nunha videoconferencia, cunha duración aproximada de hora e media, para o coñecemento das ferramentas tecnolóxicas educativas a súa disposición.

Data da Videoconferencia: Luns 30 de Novembro ás 19:30 a través de Cisco Webex.

 

 

Atoparedes máis información, vídeos e titoriais na aula virtual do CFR de Pontevedra premendo AQUÍ

Inspeccionando o río Lérez en Outono

O pasado 29 de outubro o alumnado de 1º da ESO realizou unha saída ao río Lérez para desenvolver as actividades da inspección de outono enmarcada no Proxecto Ríos. Foron acompañados por profesorado do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e tamén do Departamento de Matemáticas, e contamos co asesoramento de Paco e Itxiar de ADEGA. Alí analizamos macroinvertebrados, pH, nitratos, temperatura e outras variables que nos axudan a investigar o estado de saúde deste ben natural.

        

Obradoiro de Empoderamento Emocional

Nos tempos difíciles que estamos vivindo é moi importante a xestión das emocións. O alumnado de 2º e 3º da ESO tivo a oportunidade de traballar a través da expresión corporal o medo, a tristeza e a rabia.

Moitas grazas a Baia Fernández pola súa profesionalidade.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS: INICIO DO CURSO

Unha vez rematadas as xuntanzas informativas coas familias dos mozos e mozas da ESO, publicamos no arquivo adxunto a información básica que foi explicada en ditas reunións tanto para aclarar as dúbidas que puideran quedar como para dar esa mesma información ás familias e ao alumnado do bacharelato (aínda así, este alumnado recibirá de primeira man a información o primeiro día de clase). 

PREMEDE AQUÍ PARA VER O ARQUIVO

 

Por outra banda, recordade que as familias que non o fixestes aínda debedes entregar o primeiro día de clase dos vosos fillos e fillas a Declaración Responsable de cumprimento do protocolo COVID no relativo á detección de posible síntomas compatibles coa enfermidade.

Nota: No caso do alumnado maior de idade seralles entregado outro modelo o primeiro día de clase.

REUNIÓNS INFORMATIVAS PARA AS FAMILIAS

O vindeiro luns 21 de setembro celebraremos unhas reunións informativas dirixidas ás familias da ESO para  explicarlles de primeira man todo o relativo ao inicio de curso e ao plan de adaptación do centro á situación pola COVID-19.

Estas xuntanzas terán lugar no salón de actos do instituto e, para o acceso a dita sala, abrirase a cancela do patio exterior do CEIP. Lembrade que, por cuestións de aforo, só poderá asistir un membro por familia que deberá cumprir todas as medidas de hixiene e seguridade.

O horario de cada reunión será o seguinte:

1º ESO / 2º ESO:  19:30

3º ESO / 4º ESO: 20:30

 

NOTA: O alumnado de Bacharelato será informado no primeiro día de clase polos seus titores e polo equipo directivo. Así mesmo, entregaráselle toda a documentación correspondente.

 

Por outra banda, e aínda que o Plan de Adaptación á situación COVID-19 do centro será presentado a toda a comunidade educativa en breve a través desta páxina web, consideramos necesario indicar a continuación diferentes documentos de interese para as familias:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut