O mércores 6 de outubro o alumnado de 1ºESO, xunto con profesorado dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Matemáticas, realizou a inspección de outono do río Lérez ao seu paso pola área recreativa de Cotelo. Dita actividade forma parte do Proxecto Ríos (Proxecto Ríos – Un proxecto de ADEGA (proxectorios.org)), iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida pola asociación ecoloxista ADEGA (ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) no que o IES Chano Piñeiro participa dentro do Plan Proxecta.
Para a realización desta actividade o alumnado contou co asesoramento e as explicacións de Paco Bañobre, educador ambiental de ADEGA.
Nesta inspección analizouse o estado de saúde deste treito do río Lérez mediante o estudo de diversos parámetros e bioindicadores: estudo da biodiversidade (fauna e flora), análise da calidade fisicoquímica (temperatura, pH, nitratos, osíxeno disolto na auga), clasificación dos macroinvertebrados (larvas de cabaliño do demo, de mosquito, ...) que viven no leito do río e son bioindicadores, etc.
Cos datos obtidos nestas inspeccións realizadas polos grupos participantes en diferentes ríos galegos, ADEGA elabora un informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos que se publica anualmente