Skip to Content

Ciencias naturais

Departamento de ciencias naturais

CHARLA SOBRE O LOBO

Diferentes causas están a provocar na actualidade unha visión negativa cara ó lobo que non sempre está xustificada, por este motivo é de vital importancia divulgar cal é a situación actual desta especie así como o seu modo de vida, assúas problemáticas e as liñas de traballo que se están a desenvolver e que puideran minimizar o conflito co lobo.

A educación ambiental é unha ferramenta moi importante para esta cuestión. Por este motivo desenvolveuse un programa de actividades para centros de ensino que incidirá na mocidade galega, nomeadamente naquelas zonas onde hai presenza de lobos, para mudar a súa visión da especie.

O xoves 12 de marzo, o alumnado de 3ºESO asistiu a unha destas charlas sobre o lobo, impartida por Ramsés Pérez, coordinador da área de educación ambiental da asociación ecoloxista ADEGA e responsable do programa que ten dita entidade coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galiza.Nesta charla achegámonos un pouco máis a este mamífero co que convivimos e asúa situación actual en Galicia: a súa distribución, os seus hábitos, como identificar as súas pegadas, falsas crenzas e “fake news”, etc.

   

Ademais desta charla, na clase de Lingua e literatura galega, o alumnado estivo a traballar a temática do lobo na cultura tradicional e leron un conto de Ánxel Fole. Para que todos e todas poidamos coñecer este interesante tema do lobo na cultura tradicional, compartimos aquí un resumo do mesmo: PREME PARA ACCEDER AO ARQUIVO

 

Saída a Museos Coruña

O 13 de novembro, os alumnos de 4ºESO, 1º Bach, 2º Bach fixeron una saída os museos de Ciencias da Coruña.

Museo de Ciencia e Tecnoloxía, A Domus, Casa das Ciencias, organizada polos departamentos de Física - Química e Bioloxía

Resultou unha visita moi interesante e entretida para os alumnos.

Poideron comprobar "in situ", como é un avión "Jumbo" incluso sentáronse na cabina dos pilotos

Día da Ciencia en galego

O 6 de novembro 2013 celebrouse a 3º edición do día da Ciencia en Galego

Como cada ano, foi moi participativo por parte dos alumnos, que tamén ficheron de monitores en cada unha dos "stands" propostos.

Felicidades a todos os monitores polo ben que o fixéstedes!!!!

Este ano, o departamentos de  Matemáticas presentóu " xoga coas mates". Física  química,e as súas reacciones. Tecnoloxía e Leonardo da Vinci.A música e a métrica. Bioloxía, e a localización dos nosos cromosomas.

 

Proxecto ríos

A finais de octubro, os alumnos de 3ºB,ESO fixeron a saída anual o río Lerez, dentro da campaña do "Proxecto ríos". Recolleron os datos de unha serie de parámetros :humidade, temperatura, caudal, pH, DBO, DQO, biodiversidade de especies (vexetais, animais), así como, recollida de diferentes especies de invertebrados no interios do río, cogumelos, vexetación da ribeira do río, en xeral.

Posteriormente  observaron, analizaron e clasificaron no laboratorio, todo o recollido no río. 

Encontros científicos nos Centros de Ensino secundario

 24/05//2012

O departamento de bioloxía organizou una charla sobre a Biotecnoloxía Agroforestal mediante cultivo "in vitro" , dentro do programa "encontros científicos nos IES", propiciado polo CSIC.

O CSIC de Santiago, traballa no estudio da aplicación da biotecnoloxía forestal mediante cultivo:

que comprenden os seguinte aspectos, entre outros:

a) Propagación por cultivo "in vitro" (facer copias idénticas do árbore que  quérese conservar))

b) Conservación in situ

c) Protección contra patóxenos ( (como a "tinta dos Castiñeiros)

d) Transformacións xenéticas  (transferindo xenes)

Distribuir contido


by Dr. Radut