Skip to Content

Secretaría

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/2022

No arquivo adxunto indícanse a listaxe dos libros de texto de cara ao curso 2021/2022.

Preme na imaxe para acceder a el.

MATRÍCULA CURSO 2021/2022

A partir do 25 do xuño e ata o 9 de xullo está aberto o prazo para a formalización de matrícula para o vindeiro curso 2021/2022 tanto para o alumnado que se incorpora a 1º ESO como para todo aquel alumnado do centro que teña superadas todas as materias na avaliación ordinaria de xuño.

O sobre da matrícula está á súa disposición na secretaría do centro e deberán traelo debidamente cuberto dentro do prazo establecido xunto coa documentación correspondente. 

 

O alumnado con unha ou máis materias suspensas deberá agardar ao período de matrícula extraordinaria tras a realización das probas de setembro. 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021/2022

 

Publicada no DOG a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o curso 2021/2022. 

Ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002

 

Información básica

Prazo de presentación solicitudes 

Desde o 21 de maio ata o 22 de xuño (ambos incluídos).

 

Destinatarios

Alumnado que curse a ESO no noso centro no curso 2021/2022.

 

Presentación das solicitudes

Opción A) Presentar directamente a solicitude a través da Sede Electrónica da Xunta (Código ED330B)

Opción B) Cubrir a solicitude a través da aplicación FONDOLIBROS e presentala na Secretaría do Centro con toda a documentación requerida.

Opción C) Presentala no propio instituto, imprimindo e cubrindo previamente a solicitude que podedes descargar aquí

 

Máis información: Carta dirixida ás familias

 

Listaxe definitiva de solicitudes de admisión admitidas

Desde hoxe están expostas no taboleiro informativo do centro as listaxes definitivas de solicitudes de admisión admitidas.

Informamos que TODAS as solicitudes presentadas foron admitidas.

ADMISIÓN ALUMNADO 2021/2022 - Reserva de praza

ACTUALIZACIÓN (23/02/2021)

Todo o alumnado dos centros adscritos que fixo a solicitude de reserva no noso centro, foi ADMITIDO.

 

 

Desde hoxe luns dia 11 de xaneiro e ata o vindeiro 16 de febreiro está aberto o prazo para presentar as solicitudes de reserva para cursar 1º ESO no noso centro de cara ao vindeiro curso 2021/2022. Dita solicitude terá que facela unica  e exclusivamente aquel alumnado que estea a cursar 6º de primaria en calquera dos tres centros adscritos ao noso instituto. 

A presentación da solicitude farase ou ben no centro de primaria de orixe ou a través da aplicación admisionalumnado presentando o formulario normalizado anexo I  e anexo I bis.

Distribuir contido


by Dr. Radut