Skip to Content

Complementarias

CHARLA SOBRE ARQUEOLOXÍA

Acceso á retransmisión den directo da charla sobre arqueoloxía impartida por Noemí Silva Sánchez que leva por título Como podemos reconstruír as paisaxes do pasado.

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER

ROSALÍA E O MAR

Para conmemorar o Día de Rosalía, o venres 26 de febreiro a partir das 13:25 horas poderedes seguir en directo o acto que estamos preparando para homenaxear, un ano máis, á figura máis relevante das nosas letras. Nesta ocasión, centrarémonos na relación da obra de Rosalía co mar.

Podedes ver á retrasmisión premendo na imaxe:

A que altura está o ceo?

Hoxe recibimos a visita do Catedrático de Electromagnetismo no Departamento de Física Aplicada da USC, Jorge Mira para impartirlle ao alumnado de bacharelato a conferencia que leva por título A qué altura está o ceo?

Esta actividade forma parte do I Ciclo de Conferencia Aída Fernández Ríos organizadas pola Real Academia Galega de Ciencia e a Deputación de Pontevedra.

  

  

CONMEMORACIÓN VIRTUAL 25 DE NOVEMBRO

Por senon tiveches a oportunidade de asistir en directo á Conmemoración Virtual do 25 de Novembro: Paremos as violencias machistas, preme na imaxe para vela en diferido.

 

 

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

Parabéns ao profesorado e alumnado que participou na actividade.

Proba superada!

ENTROIDO 2020

Un ano máis o Chano Piñeiro vestiu as súas mellores galas festeiras para celebrar o Entroido por todo o alto. Se xa durante os días previos a entrada ao centro estaba adornada polas máscaras elaboradas polo alumnado de 1º e 2º ESO este venres 21 o noso patio tinguiuse de cor, música, baile e certas doses de brillantina.

                    

                         

Os nosos parabéns para todo o alumnado parcticipante e, especialmente, para os grupos "Castrexos" de 3º ESO A e "Grease" de 4º ESO A que resultaron gañadores do concurso de disfraces e que poderán disfrutar como premio dun día de cine!

                   

  

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut