O Club de Ciencia defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que podan dar resposta ás súas curiosidades, aos seus intereses e resolver problemas.
No curso 2023-2024 está dirixido a todo o alumnado de ESO e FP Básica do centro. Desenvólvese os mércores, xoves e venres no primeiro recreo, tendo como punto de referencia os Laboratorios de Física, de Ciencias e o Polo Creativo.
Sustentabilidade, robótica e programación, exploración de E-Téxtiles, investigación de biomateriais, química en acción e participación en algunha feira e concurso de ciencia son os puntos fortes do Club de Ciencia do IES P. Castro da Uz