Skip to Content

Axudas á FCT

Todos os anos convócanse axudas económicas para o alumnado que realiza a FCT.

A convocatoria actual pode consultarse no seguinte enlace

REQUISITOS

Para o alumnado que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de FP Básica, de grao medio ou superior de formación profesional.

Non terá dereito á axuda o alumnado que realice a FCT no concello do centro educativo ou no concello de residencia durante a FCT.

DOCUMENTACIÓN

Débese presentar a seguinte documentación no centro onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo:

  •  Solicitude normalizada segundo o anexo I da orde.
  •  Declaración do enderezo de residencia durante o período de realización da FCT ou de FP Dual, segundo o anexo II desta orde.
  •  Fotocopia do DNI.
  •  Declaración responsable complementaria do conxunto das axudas solicitadas para a mesma finalidade (Anexo IV).

 
As solicitudes, xunto co resto dos anexos requiridos, serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo. Toda esta documentación xerarase a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/fct, polo que os anexos desta orde só serven para efectos informativos.

As solicitudes xunto co resto dos anexos só se poderán presentar no centro educativo onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

PRAZOS


- Prazo de maio, para o alumnado que realiza a FCT nos períodos outubro-marzo, e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño. Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual.

- Prazo de outubro, para o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro e decembro. Teñen que rematar a FCT obrigatoriamente antes do 31 de decembro. O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral e remate despois do 31 de decembro acollerase á seguinte convocatoria de axudas.



page | by Dr. Radut