Skip to Content

Programa Atrévete

O Plan de Emprendemento do Sistema Educativo de Galicia, eduemprende, posto en marcha pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pretende sensibilizar a toda a comunidade educativa cara a favorecer a introdución do espírito emprendedor no alumnado, proporcionando os medios e instrumentos necesarios para conseguilo.


Entre as accións incluídas no plan eduemprende atópase o programa Atrévete, enmarcado dentro dos convenios de colaboración establecidos entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e diferentes asociacións e grupos empresariais para o desenvolvemento do espírito emprendedor no alumnado. Os obxectivos deste programa son:

  • Promover as competencias persoais e sociais, relacionadas co emprendemento, que fomenten un espírito crítico, proactivo e colaborativo entre o alumnado.
  • Dar a coñecer ao alumnado o tecido industrial da súa contorna e as empresas das diferentes asociacións colaboradoras.
  • Dar a coñecer ao alumnado os centros punteiros e de referencia na Formación Profesional, así como as saídas profesionais das ensinanzas impartidas nos mesmos.

O IES Plurilingüe Castro da Uz participa no programa Atrévete de dúas maneiras:

  • Como centro receptor de na actividade de fomento do emprendemento para alumnado de 5º e 6º de Primaria.
  • Como centro participante nas xornadas de fomento de emprendemento para 1º ESO

 

<----Volver



page | by Dr. Radut