Eventos
Adxunto, remitimos o menú do comedor escolar correspondente ó mes de maio de 2.012.
No pdf adxunto está o calendario de exames de materias pendentes. Aconséllase ós alumnos que teñan que presentarse que verifiquen as datas e horas cos seus profesores, en previsión de posibles modificacións.
A caravana de Vilamor -a última película de Ignacio Vilar, con Rubén Riós de protagonista- chega o luns 14 ó Baronceli. A caravana chega nunha nova etapa da súa viaxe promocional por Galicia, e desenvolverá unha actividade especial no Instituto. Un bo aperitivo para a inminente Romaría das Letras Galegas. O cine-clube proxectará ese día dúas curtas de Rubén Riós: 'Adeus Edrada' e 'Coser e cantar'.
Xa hai gañador do concurso de carteis para a V Romaría das Letras Galegas. Felicidades ós creadores, María, Elisa e Judith, de 3º A!
Este venres visita o Baronceli o escritor especializado en literatura xuvenil Marcos Calveiro. Unha oportunidade única para falar co autor de O escritor do sombreiro de malvas, novela que moitos alumnos xa tiveron a ocasión de ler.
O vindeiro luns 28 de maio terá lugar a Romaría das letras Galegas, que acada a súa quinta edición. Neste caso a personalidade homenaxeada será o escritor de Rabal (Oímbra) Antonio Fernández Pérez, a quen se lle adicará un aula. Coma sempre, desfrutaremos do festival literario, un xantar popular e xogos tradicionais.
Este é o programa de actividades:
12:45 Inauguración da aula Antonio Fernández Pérez (info sobre a súa biografía aquí ou aquí).
13:00 Festival literario.
14:00 Xantar popular.
15:00 Xogos tradicionais.
Hoxe xoves o alumnado de 2º ciclo foi a Xinzo de Limia para ver no cine Gesma Vilamor, a película da que a semana pasada nos falaron no Baronceli o seu director Ignacio Vilar e os actores Rubén Riós e Xoel Yáñez.