Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Novembro 04, 2011
Start: 04/11/2011 17:37

A Biblioteca convoca o I Concurso de Sudokus do Baronceli. Toda a info, eiquí, ou no ficheiro adxunto.

Martes Novembro 08, 2011
Start: 08/11/2011 11:00

Hoxe os alumnos de 2º ciclo van o IES Taboada Chivite para asistir á representación teatral "Pisa la raya", que tratará diversos temas relacionados coa drogodependencia. Dunha maneira lúdica, a través de sketches, recrearanse situacións habituais entre os xóvenes, como a primeira vez que se proba unha droga, a presión do grupo no consumo de drogas de moda, a excitación de transgredir as normas... Unha boa ferramenta para que os rapaces sigan alerta ante o mundo das drogadiccións. 

Xoves Novembro 10, 2011
Start: 10/11/2011 11:38

Novembro é o mes das castañas, e o Equipo de Normalización Lingüística organiza o vindeiro luns un magosto. Todos estades invitados a participar, e dende xa podedes ir traendo cantas máis castañas mellor. Haberá tamén actividades deportivas, xogos populares...

Luns Novembro 14, 2011
Start: 14/11/2011 21:30

A Biblioteca organiza unha nova edición do Xogo de Pistas: cada semana, e ata... a fin do curso, os alumnos terán a oportunidade de desvelar a identidade dos personaxes agachados, amosando a úa cultura xeral e as súas habilidades para a busca de información. Máis info eiquí.

Luns Novembro 28, 2011
Start: 28/11/2011 13:25

Adxúntase o menú escolar correspondente ó mes de decembro de 2.011.

Distribuir contido