Consello Escolar

Consello Escolar

 

MEMBROS CONSELLO ESCOLAR

 

SECTOR

APELIDOS E NOME

EQUIPO DIRECTIVO

Paniagua Pousa, Cándido (Director)

Blanco Pena, Charo (Xefa estudos)

Piñeiro Álvarez, Andrea (Xefa estudos)

Rodríguez Lomba, Carmen (Secretaria)

PROFESORADO

Álvarez Reinaldo, Alejandra

Martínez Abalo, Jesús Alberto

Ruiz García, Yolanda

Ferreiro Sestelo, María José

Ferrín Iglesias, María Xesús

Iglesias Lago, Silvia

Soengas Fernández, María Celia

PAS

Rodríguez Rodríguez, Segunda

FAMILIAS

González Rodríguez, Belén

Sampedro Rodríguez, José Manuel

ANPA

Álvarez Parada, Miguel

ALUMNADO

Miguel Rodríguez, Irene

Azevedo Bompastor, Lilia de Fátima

Bosch Souto, Lúzia

Maschio Torrente, Juan David

CONCELLO

Fajín Torres, Iolanda

 

Convocatoria de eleccións ao Consello Escolar

    De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 18/09/2024], este mes de novembro convócanse eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares dos centros docentes de Galicia. As eleccións teñen por obxecto cubrir as prazas que quedan vacantes dentro do Consello escolar, que nesta ocasión son as seguintes:

     a) 4 membros do profesorado
     b) 3 membros dos representantes de alumnado
     c) 2 membros dos representantes das familias 
     d) 1 membros do persoal de administración e servizos

 

Infórmase que as votacións terán lugar nas seguintes datas e horarios:
- Familias: 18 de novembro, de 16:30 a 20:30, no salón de actos  
- PAS: 19 de novembro, ás 10:40, na sala de reunións
- Profesorado: 19 de novembro, ás 12:40, no salón de actos
- Alumnado: 20 de novembro, de 9:30 a 13:30, na biblioteca

 

Resultado do sorteo público para elixir os membros da Xunta Electoral

Publícase o resultado do sorteo público realizado o venres 18 de outubro de 2024, ás 12:45 h no paraninfo do centro. A Xunta Electoral constituirase entre os días 22 e 28 de outubro de 2024, segundo o disposto no punto segundo da Resolución de 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Eleccións ao Consello Escolar: Constitución Xunta Electoral

Neste curso 2024-2025 toca renovar parcialmente o Consello Escolar. Xa que logo, aproxímanse eleccións que designarán os novos representantes. 

A Xunta Electoral marcará os pasos a seguir, que se recollerán nun calendario específico. Con todo, o primeiro paso é elixir os seus membros, que se realizará mediante sorteo público o vindeiro venres 18 de outubro ás 12:45 no paraninfo Xela Arias (salón de actos).

Distribuir contido