Na semana do 17 ao 21 de febreiro o alumnado de 1ºESO participou nunha nova edición desta actividade que se realizou coa colaboración da nosa ANPA e do supermercado Froiz da peatonal (que donou os alimentos empregados).
O luns 20 de xaneiro alumnado de 2ºESO do noso centro asistiu á pista de xeo situada en Samil. Aquí vos deixamos algunhas fotos desta actividade:
O luns 16 de decembro alumnado de 1ºESO do noso centro asistiu á pista de xeo situada en Samil. Aquí vos deixamos algunhas fotos desta actividade:
O alumnado de 4º ESO e 1º BAC Adultos participou durante o mes de novembro nun obradoiro de esgrima organizado polo Club Esgrima Vigo "El Olivo·. Interveu como maestro de esgrima Gaby Traversa, acompañado de Nena Cano (campiona de España da súa categoría), Lucas Cabezas e Pablo Casal. Este obradoio foi recibido con gran aceptación polo noso alumnado.
Quen entrou ultimamente na biblioteca terá apreciado o ben que están vestidas algunhas mesas, xa que estrean cuberta de papel e vidro. E entre eles -ou sexa, no medio do papel e o vidro- imos poder contemplar exposicións variadas, como xa podemos facer agora cunha ben fermosa de xerras debuxadas polo alumnado de 2º de bacharelato.
E toda esta historia vén da man... como non! de Chus e mais de Yolanda, que non paran de lles dar ós miolos.
E nós que o vexamos!!
O 14 de xuño o alumnado de 2ºESO participou nunha interesante actividade de fútbol organizada pola Fundación Celta de Vigo. Aquí vos deixamos algunhas fotos:
Durante este curso, nos recreos, desenvolveuse o programa de "recreos activos" con actividades como balonmán, pimpón, fútbol sala, zumba, baile de salón, etc.
O 24 de maio un grupo de alumnado de 2ºESO fixo o "bautismo" de vela lixeira no Club Náutico de Vigo:
O 21 de maio alumnado de 3ºESO participou no "bautismo de kaiak" saíndo do porto de Panxón ata Monteferro. Aquí vos deixamos algunhas fotos desta actividade: