Pica na imaxe para ver as fotos.
O pasado 10 de febreiro, os alumnos de 2º ESO C coñeceron, grazas a un obradoiro que se realizou no centro, o Merdeiro, un dos personaxes máis característicos do noso entroido. Ó final do obradoiro, algúns alumnos disfrazáronse de merdeiros.
Pica aquí ou na imaxe para acceder á galería na que se atopan algunhas fotos da celebración do entroido.
O próximo sábado día 14 de febreiro celébrase San Valentín, desde hai moito, DÍA DOS NAMORADOS. Se queres saber por que se celebra ese día... sigue lendo!
No vestíbulo están expostos os traballos participantes nos concursos "Retrato de Castelao" e "Ilustración do conto de Retrincos". Clica na imaxe para acceder á galería.
O mércores 17 de decembro todo o alumnado de 4º de ESO e mais de 2º de bacharelato do noso centro asistiu no salón de actos da Escola Oficial de Idiomas á representación do espectáculo teatral “TEMPESTADES” da compañía de Ricardo FRAZER.
Durante o primeiro trimestre do curso 2014-15, en todas as clases do IES CASTELAO, levóuse a cabo unha recollida encamiñada a conseguir unha gran cantidade de tapóns que foron doados para axudar a Alex ("Facebook: Ayúdanos a caminar").
En grupos de catro alumnos, acompañados polos profesores de Bioloxía Julio Astor e Pablo Samartín, os alumnos de 3º da ESO e 4º (PDC) fixeron unha visita de traballo ao Mercado ou praza de abastos do Calvario.
O pasado 19 de decembro o departamento de Música organizou un concerto no que participou alumnado de diversos cursos. Aquí podes acceder ós vídeos (actuación completa e reducida) e ás imaxes.
Os días 15 e 16 de decembro varios grupos da ESO acudiron á pista de xeo instalada en Samil. Pica nesta ligazón ou na foto inferior para ver algunhas das imaxes da actividade.