O martes 12 de febreiro un grupo de alumnado da materia de Debuxo Artístico I de 1º de bacharelato visitou a exposición "Pantoque" de Ramón Trigo, no MARCO. Aquí vos deixamos algunhas das fotos que compartiu a profesora Chus.
Nas últimas semanas algúns alumnos do centro tiveron a oportunidade de adentrarse no esquisito mundo da caligrafía manual.
Os alumnos de 3ESO, en compañía de Chus Ferrín e Francisco F. Ferreiro, coñeceron de primeira man as características deste tipo de escritura, considerada unha arte, co fin de poder culminar un proxecto artístico e visual relacionado coa conmemoración das publicacións de Verne.
Asimesmo, os alumnos de 1ESO, con Marga e Sara xunto con Francisco, comezaron a garabatear as primeiras letras dos alfabetos medievais e renacentistas nun seminario que continuará nas próximas semanas. Deste xeito poderán coñecer máis polo miúdo a arte de escribir ben, comprender a formación dos trazos e acrecentar a percepción artística e a harmonía estilística.
O alumnado de 4ºESO participou nun obradoiro de cerámica dirixido pola ceramista Belén Soto para a realización do nome do instituto a partir dun deseño de Claudia Rodríguez de 4ºESO.
Interpretación dun galeón da batalla de Rande dos que o capitán Nemo obtiña recursos e que visitou o 18 de febreiro. Cumpríanse 150 anos da súa visita.
No vestíbulo expóñense os traballos que o alumnado de 4º ESO fixo con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero o pasado 25 de Novembro.
No vestíbulo podedes ver traballos de ilustración realizados por alumnado de 4º ESO en Plástica a partir de tres poesías das cales había que elixir unha.
Alumado do noso centro participa na proposta do Concello de Vigo "Enlaza Vigo" co lema deste ano "Somos quen de deter a violencia de xénero".
Presentamos un cartel coa idea de Eva de 3º B realizada por varios compañeiros dos terceiros. Estará exposto na Rúa do Principe a partires do mercores día 18 de nov, e o día 25 estaremos na misma Rúa todolos terceiros para participar no acto do Concello, coas autoridades e outros centros educativos. Pica aquí ou na imaxe inferior para ver máis fotos desta actividade.
Luis Fernández, profesor de Postproducción Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo realizou unha actividade de achegamento á producción audiovisual na que participaron alumnas e alumnos de 4º ESO:
A idea era partir dunha historia curta que se poidera solucionar nun par de minutos ao sumo e que tivera un efecto especial visual. Neste caso utilizaron un gag sobre a entorna do videoxogo “skyrim” (o protagonista ten a capacidade –entre outras- de provocar un furacán gritando “fush-ro-dah”).
O día 11 de novembro os alumnos de 1º de Bacharelato foron a Santiago a visitar a exposición “Arte e Ciencia” na Galería Sargadelos. Tamén resultou moi interesante e foi moi didáctica porque combinaba matemáticas e arte, xustamente cuestións relativas o que se estaba impartindo nese momento na aula.
O día 30 de outono realizouse unha visita a Porto cos alumnos de 2º de Bacharelato. En primeiro lugar estivemos na casa da Música, logo no Museo Serralves e por último fíxose unha visita ao centro histórico camiñando.
A visita resultou moi interesante, xa que se trataron temas moi diversos: arquitectura, paixase, historia, acústica....