Actividades e Concursos

Jules VERNE, "Vinte mil leguas baixo dos mares", capítulo X

Capítulo X.   O home das augas
    Quen falaba deste xeito era o comandante. Ao escoitar estas palabras, Ned Land levantouse subitamente. O camareiro, case estrangulado, saíu cambaleándose despois dun sinal do seu xefe; pero era tal a autoridade do comandante que nin un xesto traizoou o resentimento que debía ter este home contra o canadense.
    Despois duns instantes de silencio que ningún de nós pensou en interromper, dixo:

Jules VERNE, "Vinte mil leguas baixo dos mares", capítulo IX

Capítulo IX. As arroutadas de Ned Land
    Ignoro a duración do sono, mais debeu ser longo porque descansamos completamente das nosas fatigas. Eu espertei o primeiro. Entón, recomecei un exame atento da nosa cela.
    Nada cambiara na súa disposición interior. Respiraba con dificultade. O aire pesado non era suficiente para os meus pulmóns. Era urxente renovar a atmosfera do noso cárcere e, sen dúbida ningunha, a do barco submarino. Obtería o aire por procedementos químicos? ¿Ou contentábase con emerxer á superficie das augas para respirar, como un cetáceo?

Jules VERNE, "Vinte mil leguas baixo dos mares", capítulo VIII

Cap. VIII. Mobilis in mobili
    Nin os meus compañeiros nin eu tivemos tempo para reaccionar. Non sei o que eles sentiron pero eu sentín un calafrío que me xeou o corpo. Con quen teriamos que tratar? Sen dúbida ningunha con piratas dunha nova especie que exploraban o mar ao seu xeito.
    Envolveume unha profunda escuridade. Sentín como os meus pés descalzos pisaban os chanzos dunha escada de ferro. Ned Land e mais Conseil, fortemente agarrados, seguíanme. Ao pé da escada abriuse unha porta e pechouse inmediatamente detrás nosa cun forte ruído.

Quen dixo medo? Lecturas na biblioteca

          Coincidindo con estas datas aproveitamos para desenvolver na biblioteca sesións de lectura co alumnado de 1º de ESO e de PMR sobre textos de autores clásicos adecuados para este momento: Edgar Allan Poe (El corazón delator), Gustavo Adolfo Bécquer (El monte de las ánimas), Agustín Fernández Paz (fragmentos de A neve interminable), outros textos breves da tradición popular… e tamén relatos dos propios alumnos, uns lidos e outros contados.

Jules VERNE, "Vinte mil leguas baixo dos mares", capítulo VII

Capítulo VII: Unha balea de especie descoñecida

          Aínda que fiquei abraiado por esta inesperada caída, conservei unha impresión moi clara das miñas sensacións.

31 de outubro - HORA DE LER

Jules VERNE, Vinte mil leguas baixo dos mares

(capítulos IV, V e VI)

 Capítulo IV: Ned Land

          O comandante Farragut era un bo mariño.  El e o seu navío eran un todo. El era a alma do navío. Non tiña ningunha dúbida sobre o asunto do cetáceo e non permitía que se discutise a existencia do animal. O monstro existía e xurara que libraría os mares del.  Ou ben o comandante Farragut mataría o narval, ou ben o narval mataría o comandante Farragut.

II Concurso de microrrelatos fantásticos e de terror


Do 30 de outubro ata o 15 de novembro (inclusive) podes participar no concurso de microrrelatos fantásticos e de terror que organiza a nosa biblioteca. Clica na imaxe para consultar as bases.

24 de outubro: Día da Biblioteca

            

     Desde 1997 celébrase este día, o 24 de outubro, o Día da Biblioteca, en recordo da destrución da de Saraxevo en 1992 durante a Guerra dos Balcáns.

     Nesta data preténdese salientar a importancia das bibliotecas como lugar de encontro entre lectores de todas as idades coa cultura e tamén concienciar á sociedade da importancia da lectura, da importancia dos libros para a memoria colectiva e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.

     Nas Bibliotecas Escolares de Galicia, rede á que pertence a do noso instituto, escóllese cada ano un lema ("Aprender a pensar na biblioteca escolar") e redáctase un pregón explicativo.

Comezou a HORA DE LER

     Este ano iniciamos a HORA DE LER coincidindo coa celebración, o 24 de outubro, do "Día da Biblioteca". Moitos, avisados, viñeron preparados cun libro; outros colleron das CAIXAS VIAXEIRAS e outros aproveitaron para ler os textos que a través desta páxina se proporcionan da novela de J. VERNE Vinte mil leguas baixo dos mares.

Distribuir contido