Grego

Fotos da visita a Braga

     O pasado 10 de abril un grupo de alumnado de Cultura Clásica e Latín visitou a fermosa  cidade de Braga. Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade:

Álbum: Curso 2018/2019 -> Braga 2019

Visita a Tui

          O pasado 20 de marzo alumnos do noso centro visitaron Tui, coñeceron o arquivo diocesano e realizaron unha visita guiada por esta fermosa vila. Aquí vos deixamos algunhas fotos desta actividade:

Álbum: Curso 2018/2019 -> Visita a Tui

Festival de teatro grecolatino de Ourense

          O 25 de marzo un grupo de alumnado do noso centro asistiu á XVI edición do Festival Teatro Grecolatino que se desenvolveu en Ourense:

Álbum: Curso 2018/2019 -> Festival Teatro Grecolatino Ourense

Visita ao festival "Bracara romana"

     O alumnado de Cultura Clásica e Latín levou a cabo unha visita didáctica ao festival "Brácara romana", facendo unha parada en Ponte de Lima o día 23 de maio.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Braga romana

Visita a Tui

     O pasado 21 de marzo alumnos do noso centro visitaron Tui, coñeceron o arquivo diocesano e realizaron unha visita guiada por esta fermosa vila. Aquí vos deixamos algunhas fotos desta actividade:

Álbum: Curso 2017/2018 -> Visita a Tui

Viaxe a Ponte de Lima e Braga


O venres 26 de maio un grupo de alumnos de humanidades realizaron unha viaxe a Ponte de Lima e a Braga, participando no Bracara Romana e visitando distintos edificios e restos arqueolóxicos.

Gañador da proba galega do concurso "Parnaso"


          O venres 5 de maio a delegación de Galicia da Sociedade Española de Estudios Clásicos (SEECGalicia) comunicounos que na proba Parnaso correspondente a esta sección de Galicia resultou gañador o alumno Pedro Araújo, quen, polo tanto, concorrerá á fase final do concurso. Na mesma comunicación envíanse parabéns a todos os participantes e aous seus profesores de Grego pola excelente calidade dos exercicios.

Concurso "Parnaso"

          O venres 28 de abril de 2017 tres alumnos do noso centro participaron no Concurso de Lingua e Literatura Gregas "Parnaso" celebrado en Santiago de Compostela na Facultade de Ciencias da Comunicación.

Distribuir contido