Convocatoria de eleccións ao Consello Escolar

    De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 18/09/2024], este mes de novembro convócanse eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares dos centros docentes de Galicia. As eleccións teñen por obxecto cubrir as prazas que quedan vacantes dentro do Consello escolar, que nesta ocasión son as seguintes:

     a) 4 membros do profesorado
     b) 3 membros dos representantes de alumnado
     c) 2 membros dos representantes das familias 
     d) 1 membros do persoal de administración e servizos

 

Infórmase que as votacións terán lugar nas seguintes datas e horarios:
- Familias: 18 de novembro, de 16:30 a 20:30, no salón de actos  
- PAS: 19 de novembro, ás 10:40, na sala de reunións
- Profesorado: 19 de novembro, ás 12:40, no salón de actos
- Alumnado: 20 de novembro, de 9:30 a 13:30, na biblioteca

 

 

AdxuntoTamaño
Candidaturas ao Consello Escolar.pdf261.99 KB
Membros Mesas Electorais.pdf335.91 KB
Calendario Eleccións CE Xunta Electoral.pdf262.57 KB
Convocatoria eleccións CE Profesorado.pdf667.18 KB
Convocatoria eleccións CE Familias.pdf599.36 KB
Convocatoria eleccións CE PAS.pdf643.47 KB
Convocatoria eleccións CE Alumnado.pdf598.34 KB
Instancia para presentarse ao Consello Escolar.pdf232.59 KB