Os meus mangas preferidos (1)
Unha das integrantes do Club de lectura de Manga, P.A R., de 2º ESO A, falounos no mes de abril dos seus mangas favoritos:
Toradora
Da autora Kuyuko Takemiya, a historia, que se desenvolve ao longo de sete volumes, trata sobre a vida de dous estudantes de segundo ano de preparatoria. Os protagonistas, Taiga e Ryûji, tamén son veciños e ao principio trátanse fatal, pero é incrible como ao longo da historia van evolucionando e mellorando a súa relación.
El profesor Layton y sus divertidos misterios
A autora desta colección de catro volumes é Naoki Sakura. Este manga encantoume porque o profesor Layton pon os seus dotes deductivos ao servizo da humanidade, resolvendo casos complicados. A trama é moi graciosa. Ademais inclúe varios puzles moi entretidos e pode lerse sen ver os videoxogos do mesmo título.
El dulce hogar de Chi
Kanata Konami escribe a historia da gata Chi, unha doce cría de gata que se perde na cidade e que é recollida por unha familia. Aí comezan as súas aventuras e convivencia coa familia na súa nova casa. Cóntannos momentos da vida da gatiña: o seu primeiro encontro cun coche, un can…