O IES Carlos Casares está a traballar nun proxecto de innovación (Observa-Acción) moi empregado noutros países da UE pero non no noso, e que se basea na observación entre iguais de xeito que o profesorado mellore a súa práctica coa a axuda doutras persoas do mesmo equipo docente. No noso IES centrámonos en mellorar o clima emocional na aula. #iescarloscasares #observaaccion #educacionemocional #educacionresponsable #emocions