Novas
Convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas extranxeiras
A consellería de Cultura, Edducación e Ordenación Universitaria convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. O número de prazas é de 1400.
Máis información:
Premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria
Comunicamos que a alumna Claudia Álvarez Costas obtivo o premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016/2017.
Parabéns a premiada.
Saúdos.
O Equipo Directivo.
Calendario escolar curso 2017-18
Acompañamos calendario escolar cas datas das avaliacións para o curso 2017-18.
Adxudicacións de Bacharelato pola comisión de escolarización
Achéganse as adxudicacións de solicitudes de bacharelato realizadas pola comisión de escolarización no arquivo adxunto.
Saúdos
O Equipo Directivo
Fondo solidario de libros de texto e axudas alumnado repetidor 4ºESO
Comunicamos que o alumnado repetidor de 4º de ESO dispón de un prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula para presentar a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto e a solicitude para adquirir material escolar para o curso escolar 2017/18.
Entrega notas e devolución dos libros de texto do fondo solidario
Comunicamos as datas e horas de entrega de notas:
- 2º Bacharelato: Martes 5 ás 11:00 horas
- 1º ESO: Mércores 6 ás 10:00 horas
- 2º ESO: Mércores 6 ás 10:45 horas
- 3º ESO: Mércores 6 ás 11:30 horas
- 4º ESO e 1º Bacharelato: Mércores 6 ás 12:15 horas
A devolución dos libros de texto adquiridos co vale ou prestados polo fondo solidario no curso 2016-17 para o alumnado con materias pendentes para setembro será o mércores 6 de setembro na Biblioteca despois da entrega de notas (10:00 horas).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »
![RSS - Novas Distribuir contido](/centros/iescarloscasares/misc/feed.png)