Este curso retomamos as actividades extraescolares o luns ao mediodía. O ANPA encargouse da súa oferta para que puidérades elixir aquelas de maior interese. Neste días van voltar a ofrecer a información na súa páxina de Facebook (https://www.facebook.com/ANPAIESCarlosCasaresVigo). Estade atentos e se tedes interese debedes poñervos en contacto con eles esta semana sen falta.
Publicamos o Plan Dixital do Centro elaborado no curso 2021-22 aprobado no Consello Escolar.
O día 21 de xuño procederase á recollida dos libros de texto de 4º ESO que foron prestados ao alumnado tanto por parte do instituto como a ANPA.
O día 22 de xuño recolleranse os libros, tanto do instituto como da ANPA, de 2º ESO. Lembramos a necesidade de que volvan os mesmos que se lle deixaron a principio de curso.
Os libros de 1º ESO e 3º de ESO non fai falta que se devolvan pois non van ser reutilizados o próximo curso.