O alumnado de 1º ESO A visitou o venres 31 de xaneiro o Instituto Oceanográfico de Vigo grazas a que a súa compañeira Laura Alonso gañou o II Premio de Relato Curto e Debuxo convocado pola Subdelegación do Goberno de Pontevedra. O persoal do Oceanográfico fíxoos partícipes das súas investigacións e mesmo deixounos participar nos laboratorios. Toda unha experiencia difícil de esquecer.
Xa está de volta o alumnado de 3º ESO que pasou cinco días esquiando en Lietariegos. Unha experiencia inolvidable de convivencia e deporte da que, tanto profesorado como alumnado, gardarán un magnífico recordo.
Hoxe celebramos no instituto o magosto e o samaín con disfraces, xogos, música e castañas. Unha festa na que traballaron arreo un grupo de alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO para que todo saíse xenial. E así foi. Moitas grazas pola vosa dedicación.
O xoves 5 de setembro se entregarán as notas e se recollerán os libros do fondo de libros da Xunta segundo o horario que figura no arquivo adxunto.
A dirección.
Felicitacións ás alumnas de segundo de bacharelato do noso centro CLAUDIA ÁLVAREZ COSTAS, LUCÍA ÁLVAREZ
MARTÍNEZ, ANTÍA GAGO ALONSO E VANJA VEIGA QUINTAS, polos seus resultados nas probas dos premios
extraordinarios de bacharelato. Os nosos máis sinceros parabéns.
A dirección.
Xa está publicada no vestíbulo do instituto a listaxe na que se adxudan os libros de texto para o curso 2019-2020.
Pódese tamén consultar na propia aplicación e no arquivo adxunto.
A dirección.