IMPORTANTE: RESTABLECEMENTO DO PRAZO DE ADMISIÓN!!!
No DOG do 6 de maio infórmase do restablecemento do prazo de presentación de solicitudes de admisión nos termos que a continuación se indican (pulsar en "ler máis"), de xeito que, a partir do 11 de maio o centro estará aberto no seu horario habitual en secretaría e con presenza dunha persoa do equipo directivo.
SEMANA SANTA
Queridas familias:
Comezamos hoxe as vacacións de Semana Santa ata o martes 14 despois deste período no que tivemos que adaptarnos a novas formas de ensinar e aprender e nas que parece que debemos continuar durante un tempo. Agora toca descansar e cambiar como se poida de actividade. O martes 14 volveremos “ás aulas” mentres esperamos novas da administración sobre como afrontar o terceiro trimestre. Ata entón, gozade da familia e coidádevos moito.
INFORMACIÓN 27 DE MARZO
Estimadas familias:
Agardamos que vos atopedes perfectamente e que esteades levando o mellor posible estes días de peche. No arquivo adxunto tedes información importante.
INSTRUCIÓNS PARA OS DÍAS DE ESTANCIA NA CASA DO ALUMNADO CON MOTIVO DO CORONAVIRUS
Ante a situación para o vindeiros días, informamos das medidas para continuar, no posible, coa actividade educativa.
AVISO URXENTE
Segundo informou o Presidente da Xunta de Galicia, a partir do luns 16 de marzo quedan suspendidas as clases na comunidade galega, por un período de 14 días.
Recoméndase que mañá venres 13 de marzo o alumnado non veña ao centro, aínda que este permanecerá aberto.
VACANTES CURSO 2020-2021
No documento adxunto aparecen as prazas vacantes para o curso 2020-2021
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- …
- seguinte ›
- última »