ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
Seguindo a Resolución do 30 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, mañá, xoves 22 de outubro, ás 11:30, no despacho de dirección farase o sorteo público para a elección da Xunta Electoral, que será a encargada de aprobar e publicar os Censos electorais, concretar o calendario electoral, admitir e proclamar candidaturas, e ordenar, en xeral, o proceso electoral. Esta Xunta Electoral está formada pola persoa directora do centro, unha persoa representante das familias, un representante do profesorado, un representante do persoal de administración e servizos, e un representante do alumnado.
CONSEGUÍMOLO!!
Estimadas familias:
Cando comezou o curso informámosvos do compromiso deste equipo directivo en facer todo o posible por levar o curso de 1º de bacharelato ao ensino presencial. Hoxe podemos anunciarvos con grande ledicia que a vindeira semana esperamos ter todo preparado para acoller a todo o alumnado de 1º de bacharelato diariamente. As obras para facer aulas máis grandes están en marcha neste momento e agardamos que a partir do xoves 15 de outubro todo o alumnado deste curso volva ao ensino presencial.
Moitísimas grazas pola vosa comprensión durante todo este tempo.
Un saúdo do equipo directivo.
Workbook dixital para a materia de Lingua Inglesa
Recordatorio para mercar on line os wokbook da materia de lingua inglesa.
1º y 2º ESO: editorial Macmillan
http://www.tienda.macmillan.es/
Este es el cupón CASARESPULSE25 que pueden usar los alumnos en www.tienda.macmillan.es para la compra del workbook digital de Pulse 1 y 2. El cupón estará activo del 29 de junio al 30 de septiembre
3º y 4º ESO: editorial Burlington Books
https://burlingtonbooks-onlineshop.es/
1º y 2º de Bachillerato: editorial Oxford
Al realizar la compra, tienen que escribir el nombre del centro y automáticamente se les realiza el 10% de descuento.
https://tienda.oupe.es/oxford/ShowHelpPage.action
Ferramentas tecnolóxicas para a comunicación e docencia
Na seguinte ligazón pódese atopar axuda para acceder á información dispoñible na web do centro , así como a axuda necesaria para empregar as ferramentas tecnolóxicas imprescindibles para este curso 2020-21.
HORARIOS DE PRESENTACIÓN DO ALUMNADO
Horario de presentación dos cursos:
O mércores 23 de setembro presentaranse os grupos de 1º ESO, 2º ESO e 1º de Bacharelato co horario que se indica a continuación.
1º BACHARELATO: 9:00
1º ESO: 10:30
2º ESO: 12:30
O xoves 24 será a presentación do alumnado de 3º ESO e 2º BACHARELATO co horario que se indica a continuación.
3º ESO: 9:30
2º Bacharelato: 11:00
O venres 25 será a presentación de 4º ESO.
4º ESO: 9:30
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »