Está publicada a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria, para alumnado que foi beneficiario da axuda para adquirir material escolar ou para aquel que non se beneficiou da axuda pero:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
O alumnado interesado debe pasar pola secretaría do centro a cubrir o impreso correspondente.
O día 8 de novembro quedan convocadas as eleccións ao Consello Escolar, nas que hai que renovar prazas de profesorado, familias, persoal non docente e alumnado.
Os censos electorais dos diferentes sectores estarán expostos no centro ata o día 15 de novembro para ser consultados e facer, de ser o caso, as oportunas reclamacións.
A partir do día 9 de novembro e ata o 16 está aberto o prazo para a presentación de candidaturas. Na secretaría do instituto hai un documento para cubrir por parte das persoas que queiran presentar a súa candidatura.
No mes de novembro celebrarase a renovación dos membros que corresponden do Consello Escolar do noso instituto. Para empezar o procedemento é necesario elixir a Xunta Electoral a través de sorteo, que se celebrará publicamente o venres, 27 de novembro, ás 11:15 diante do despacho de Xefatura de estudos, e que estará formada por:
- A persoa directora
- Un pai/nai ou persoa titora
- Un docente
- Un representante do PAS
- Un alumno/alumna
Nomearanse suplentes para cada un dos postos.
As persoas elixidas polo sorteo serán notificadas o mesmo día 27.
O día 15 de setembro terán lugar as presentacións dos cursos co seguinte horario:
2º BACH: 10:00
1º BACH: 10:30
4º ESO: 11:00
3º ESO: 11:30
2º ESO: 12:00
1º ESO: 12:30
As presentacións terán unha duración aproximada de 45 minutos. Ese día NON haberá servicio de autobuses.
O día 15 estarán expostas, no exterior do edificio, as listas coas liñas de transporte. O alumnado terá asignada, como o curso pasado, unha praza fixa no autobús.
O servizo de transporte comezará a funcionar o día 16, día no que teremos xa o horario habitual do centro: de 8:40 a 14:10. Os luns pola tarde o horario é de 16:50 a 18:30.
- RECOLLIDA DE NOTAS: LUNS 6 DE SETEMBRO, co seguinte horario:
9:00 - 1º bacharelato
9:30 - 4º ESO
10:00 - 3º ESO
10:30 - 2º ESO
11:00 - 1º ESO
- DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO DA XUNTA E DA ANPA:
LUNS 6 DE SETEMBRO DESPOIS DE RECOLLER AS NOTAS
-VENTA DE SOBRES DE MATRÍCULA NA CONSERXERÍA DO CENTRO
- ENTREGA DE SOBRES DE MATRÍCULA CUBERTOS, PREFERENTEMENTE, OS DÍAS 6 E 7 DE SETEMBRO NA CONSERXERÍA.
Xa están convocadas as becas do Ministerio de Educación para alumnado de bacharelato e con necesidades educativas especiais. Toda a información está no seguinte enlace:
https://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2021/08/20210802-convocatoriabecasyayudas.html