Xa se publicaron os resultados da convocatoria extraordinaria da ABAU.
Parabéns ao alumnado!
Xa están colgadas no taboleiro da entrada a listaxe do fondo libros, nela podedes consultar o número de libros concedidos e cales son. Se fixéchedes a solicitude na web podedes consultar dita información na aplicación do fondo libros da Xunta de Galiza.
Xa está dispoñibles no centro os vales de material escolar que poderá vir recoller presencialmente a persoa solicitante coa identificación correspondente en horario de 09:00 a 14:00 h. durante os meses de xullo e setembro.
Publicouse no DOGA a nova orde que regula as validacións entre as materias da ESO e o Bacharelato con materias das Ensinanzas Profesionais de Musica e Danza. Podedes acceder a información e os formularios no Menu de Alumnado, validacións.
Aquí podedes consultar a lista de libros de texto paera o curso 23/24. Lembrade que os libros de Bacharelato non se deben mercar ata consultar cos profesores que impartan a materia nese curso agás os libros e cuadernillos de inglés que serán necesarios. Tedes tamén as instrucións para a compra do Workbook de inglés.
Xa está aberto o prazo para facer a prematrícula ás probas de acceso da ABAU da convocatoria extraordinaria do mes de Xullo.
O prazo comeza hoxe, 27 de xuño e remata mañá, 28 de xuño.
Tedes máis información do calendario premendo neste link