Comunicamos a publicación no DOG do día de hoxe da Orde do 2 de febreiro de 2017, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, xúntase cartel informativo desta convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 28 de febreiro e remata o día 27 de marzo.
Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes do ALUMNADO no CONSELLO ESCOLAR do Centro, a XUNTA ELECTORAL fai pública a relación de nomes dos candidatos:
Votación o luns 28 de novembro ao longo da mañá.
Elixir a 3 alumnos/as
Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes do PROFESORADO no CONSELLO ESCOLAR do Centro, a XUNTA ELECTORAL fai pública a relación de nomes dos candidatos:
Votación o luns 28 de novembro de 10,20 a 10,40 e de 12,20 a 12,40.
Elixir a 6 profesores/as
Comunicamos que o alumando repetidor de 4º ESO pode solicitar axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2016-17 se cumpre as bases da convocatoria*. O prazo remata o 30 de setembro
O Equipo directivo
A ANPA do centro recollerá un ano máis todos os libros daqueles que queiran doalos ó seu banco para repartir entre o alumnado do vindeiro curso.
Os interesados poden entregalos na biblioteca do centro polas mañás dende o martes 28 ata o venres 1
Grazas pola vosa colaboración
A ANPA do IES Carlos Casares