Publicamos as listaxes provisionais de admitidos e excluídos do Fondo Solidario de Libros de texto para o curso 2017/18.
O prazo de reclamacións é o 17 e 18 de xullo de 9:30 a 13:00 horas.
O listaxe ca relación de libros asiganados a cada alumno/a farese o 15 de setembro.
O Secretario
Lembramos que a Reunión de Pais-Nais do alumnado de Bacharelato polo transporte será o 11 de setembro ás 19,30 horas no salón de actos do centro.
Saúdos
O equipo directivo
Valoradas as ofertas dos licitadores do concurso da cafetería do centro para o curso 2017-18 en base ós criterios sinalados no apartado 7.1 da INSTRUCIÓN 7/2017, DO 30 DE MAIO DE 2017, PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA EN CENTROS DOCENTES NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA,
Comunicamos a imposibilidade de resolver no día de hoxe o concurso da concesión da cafetería do Centro para o curso 2017/2018 por non haber un número suficiente de ofertes ata o momento.
Seguiremos informando a través desta web.
O Equipo Directivo.
Durante este curso 2016- 2016, o alumnado de 3º de ESO realizou distintas actividades no Plan Proxecta Quérote+ onde estudaron as distintas orientacións sexuais a intolerancia cara a elas e os prexuízos que existen sobre a diversidade sexual.
Amosamos nesta entrada unha enquisa realizada ao alumnado de ESO onde se estuda o grao de tolerancia ou intolerancia cara os colectivos LGTB
Comunicamos a publicación no DOG Nº 96 do Luns 22 de maio da ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 23 de xuño de 2017