Enderezo: Av. da Ponte, 102, 36215 Vigo, Pontevedra  
  
Horario de clases:


            De luns a venres de 8:40 a 14:10 horas
            Luns: 16:50 a 18:30 horas
            Recreo: 11:10 a 11:40 horas
 
Horario de oficinas:

             De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
 
Horario de visitas: 
         
            Prégase pedir cita previa
 
Correo electrónico: ies.carlos.casares@edu.xunta.gal
             Conserxería: 886 12 04 29
         Secretaría: 886 12 04 30
 
 

 

ANPA

 

  

VIAXES FIN DE CURSO  

 

 

Devolución dos libros de texto do fondo solidario

Tagged:  

Comunicamos que a recollida dos libros de texto prestados polo fondo solidario da Consellería de Educación no curso 2018-19 farase na Aula 25 (enfrente Biblioteca) co seguinte calendario e horario:

  • 1º ESO o mércores 26 de 10.00 a 10.30
  • 2º ESO o mércores 26 de 10.30 a 11:00
  • 3º e 4º ESO o mércores 26 a partir das 11:30

So devolverán os libros o alumnado que non necesite ningún deles para setembro (devolucións completas). 

Datas exames setembro 2019

Tagged:  

Publicamos as datas e horas dos exames de setembro no arquivo adxunto

Saúdos

O Equipo Directivo

Resultados ABAU

Tagged:  

Comunicamos que todo o alumnado do centro superou a ABAU na convocatoria ordinaria.

NORABOA

O Equipo Directivo

Libros de texto para o curso 2019-2020

Tagged:  

Acompañamos relación de libros de texto para os diferentes niveis para o curso 2019-2020.

NOTA IMPORTANTE: os libros da materia de Economía de 4º ESO e 1º Bacharelato e o de 4º ESO da materia de Iniciación á actividade empresarial NON hai que mercalos. Pola contra, en 2º de Bacharelato se engade na materia de Economía o libro Economía de la empresa, con ISBN: 978-84-9737-253-4, da editorial Galinova, autor: Alberto Pérez César, ano 2018.

O Equipo Directivo.

Avisos de fin de curso 2018-19

Tagged:  

Día 20 de xuño, xoves,  e o último de clases.

O día 21 de xuño, venres, imos as Illas Cíes.

Axudas para Material Escolar e/ou Libros de Texto Cruz Vermella

Tagged:  

Un ano máis Cruz Vermella continúa ofrecendo apoio a aquelas familias con nenos e nenas que teñan dificultades para adquirir o material escolar e inclusive os libros de texto e/ou cuadernillos.  

A continuación adxuntamos a nota informativa que poden descargar no ficheiro adxunto.

As solicitudes para estas axudas presentaranse na Asamblea da Cruz Vermella de Vigo do 18 ao 28 de xuño.

Saúdos 

O Director

Distribuir contido