Segundo informou o Presidente da Xunta de Galicia, a partir do luns 16 de marzo quedan suspendidas as clases na comunidade galega, por un período de 14 días.
Recoméndase que mañá venres 13 de marzo o alumnado non veña ao centro, aínda que este permanecerá aberto.
No documento adxunto aparecen as prazas vacantes para o curso 2020-2021
O vindeiro luns 2 de marzo celebrarase unha xornada de portas abertas para dar a coñecer o centro ás familias que queiran vir coñecelo. Será ás 18:30 e comezará cunha reunión na biblioteca.
O alumnado de 1º ESO A visitou o venres 31 de xaneiro o Instituto Oceanográfico de Vigo grazas a que a súa compañeira Laura Alonso gañou o II Premio de Relato Curto e Debuxo convocado pola Subdelegación do Goberno de Pontevedra. O persoal do Oceanográfico fíxoos partícipes das súas investigacións e mesmo deixounos participar nos laboratorios. Toda unha experiencia difícil de esquecer.
Xa está de volta o alumnado de 3º ESO que pasou cinco días esquiando en Lietariegos. Unha experiencia inolvidable de convivencia e deporte da que, tanto profesorado como alumnado, gardarán un magnífico recordo.
Hoxe celebramos no instituto o magosto e o samaín con disfraces, xogos, música e castañas. Unha festa na que traballaron arreo un grupo de alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO para que todo saíse xenial. E así foi. Moitas grazas pola vosa dedicación.