Aberto o prazo para a validación ou a exención de materias da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato e materias das ensinanzas profesionais de música e de danza ou a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento.
Máis información na lapela de alumnado
Xa podedes consultar na entrada do centro a listaxe definitiva dos libros concedidos pola Xunta e a listaxe definitiva de vales para adquirir material escolar para os cursos da ESO.
Poderedes recoller os vales o mércores 24 e o luns, martes e mércores da semana que vén (29, 30 e 31) en horario de 9:00 a 14:00 h. Tamén a partir do 2 de setembro.
Recordade que unicamente pode recoller o vale a persoa que cursou a solicitude.
Os libros de texto entregaranse coma sempre ao comezar as clases.
Xa podedes consultar no taboleiro da entrada do centro a listaxe provisional do fondo libros para o próximo curso. Poderedes presentar reclamacións ata o día 16 de xullo.