Calendario escolar curso 2017-18
Acompañamos calendario escolar cas datas das avaliacións para o curso 2017-18.
Listaxes definitivos admitidos/excluídos do Fondo Solidario de Libros de texto curso 2017/18
Acompañamos nos ficheiros adxuntos:
- a relación definitiva de libros asignados ao alumnado.
- a relación definitiva do alumnado excluído ca causa de exclusión.
A entrega dos libros será o Luns 18 a partir das 16:00 horas na biblioteca.
Deben traer o resgardo da solicitude.
Saúdos
O Equipo Directivo
Adxudicacións de Bacharelato pola comisión de escolarización
Achéganse as adxudicacións de solicitudes de bacharelato realizadas pola comisión de escolarización no arquivo adxunto.
Saúdos
O Equipo Directivo
Fondo solidario de libros de texto e axudas alumnado repetidor 4ºESO
Comunicamos que o alumnado repetidor de 4º de ESO dispón de un prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula para presentar a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto e a solicitude para adquirir material escolar para o curso escolar 2017/18.
Entrega notas e devolución dos libros de texto do fondo solidario
Comunicamos as datas e horas de entrega de notas:
- 2º Bacharelato: Martes 5 ás 11:00 horas
- 1º ESO: Mércores 6 ás 10:00 horas
- 2º ESO: Mércores 6 ás 10:45 horas
- 3º ESO: Mércores 6 ás 11:30 horas
- 4º ESO e 1º Bacharelato: Mércores 6 ás 12:15 horas
A devolución dos libros de texto adquiridos co vale ou prestados polo fondo solidario no curso 2016-17 para o alumnado con materias pendentes para setembro será o mércores 6 de setembro na Biblioteca despois da entrega de notas (10:00 horas).
Programa “Avós e Avoas Educadores/as” da Cruz Vermella
Acompaño información remitida ao Centro pola Cruz Vermella para informar do inicio do programa “Avós e Avoas Educadores/as” en colaboración coa Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- …
- seguinte ›
- última »