Felicitacións ás alumnas de segundo de bacharelato do noso centro CLAUDIA ÁLVAREZ COSTAS, LUCÍA ÁLVAREZ
MARTÍNEZ, ANTÍA GAGO ALONSO E VANJA VEIGA QUINTAS, polos seus resultados nas probas dos premios
extraordinarios de bacharelato. Os nosos máis sinceros parabéns.
A dirección.
Xa está publicada no vestíbulo do instituto a listaxe na que se adxudan os libros de texto para o curso 2019-2020.
Pódese tamén consultar na propia aplicación e no arquivo adxunto.
A dirección.
Comunicamos que a recollida dos libros de texto prestados polo fondo solidario da Consellería de Educación no curso 2018-19 farase na Aula 25 (enfrente Biblioteca) co seguinte calendario e horario:
So devolverán os libros o alumnado que non necesite ningún deles para setembro (devolucións completas).
Publicamos as datas e horas dos exames de setembro no arquivo adxunto
Saúdos
O Equipo Directivo
Comunicamos que todo o alumnado do centro superou a ABAU na convocatoria ordinaria.
NORABOA
O Equipo Directivo
Acompañamos relación de libros de texto para os diferentes niveis para o curso 2019-2020.
NOTA IMPORTANTE: os libros da materia de Economía de 4º ESO e 1º Bacharelato e o de 4º ESO da materia de Iniciación á actividade empresarial NON hai que mercalos. Pola contra, en 2º de Bacharelato se engade na materia de Economía o libro Economía de la empresa, con ISBN: 978-84-9737-253-4, da editorial Galinova, autor: Alberto Pérez César, ano 2018.
O Equipo Directivo.