- RECOLLIDA DE NOTAS: LUNS 6 DE SETEMBRO, co seguinte horario:
9:00 - 1º bacharelato
9:30 - 4º ESO
10:00 - 3º ESO
10:30 - 2º ESO
11:00 - 1º ESO
- DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO DA XUNTA E DA ANPA:
LUNS 6 DE SETEMBRO DESPOIS DE RECOLLER AS NOTAS
-VENTA DE SOBRES DE MATRÍCULA NA CONSERXERÍA DO CENTRO
- ENTREGA DE SOBRES DE MATRÍCULA CUBERTOS, PREFERENTEMENTE, OS DÍAS 6 E 7 DE SETEMBRO NA CONSERXERÍA.
Xa están convocadas as becas do Ministerio de Educación para alumnado de bacharelato e con necesidades educativas especiais. Toda a información está no seguinte enlace:
https://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2021/08/20210802-convocatoriabecasyayudas.html
Adxuntamos a lista de libros de texto para o curso 2021-2022. Os workbook de inglés deberán mercarse on line. As instrucións para a compra están noutro documento adxunto.
Parabéns ao alumnado de 2º de bacharelato e a todo o profesorado do centro que contribuiu ao que TODO O ALUMNADO que se presentou á convocatoria da ABAU, tanto na ordinaria como na extraordinaria, a aprobase.
DÍAS PARA A DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO DA XUNTA e DO FONDO DA ANPA E PARA ENTREGA DOS SOBRES DE MATRÍCULA.
Igual que o curso pasado, a devolución dos libros que o Fondo libros da XUNTA deixou ao alumnado farase o mesmo día que a devolución dos libros da ANPA e a entrega no centro do sobre de matrícula para o curso que vén. Os sobres de matrícula xa están á venta na conserxería do instituto. Para recollelos non é preciso pedir cita.
Aínda que o prazo oficial de matrícula é do día 25 de xuño ao 10 de xullo, para evitar aglomeracións establecemos, de xeito preferente, os seguintes días de devolución dos libros e entrega no centro dos sobres de matrícula:
- Alumnado que se matricula en 1º ESO: 23 e 24 de xuño
- Alumnado que se matricula en 2º ESO: 25 e 28 de xuño
- Alumnado que se matricula en 3º ESO: 25 e 28 de xuño
- Alumnado que se matricula en 4º ESO: 29 de xuño
- Alumnado que se matricula en 1º BACH: 29 de xuño
- Alumnado que se matricula en 2º BACH: 30 de xuño